A Xunta aproba as novas tarifas da AG-55 e a AG-57
25 Janeiro 2022. A Xunta de Galicia aprobou a actualización das tarifas das autoestradas dependentes da Administración autonómica, que inclúen no caso das Autoestradas de Galicia (AG-55 e AG-57) un incremento do 2,5% a aplicar a partir do 1 de xaneiro de 2022. Para contrarrestar os efectos da crise e aumentar a competitividade, a Axencia Galega de Infraestruturas realizará unha achega extraordinaria á empresa concesionaria para paliar o impacto do incremento da peaxe en 2022 nos usuarios das autoestradas AG-55 e AG-57.
Autoestradas de Galicia mantén as bonificacións acordadas coa Xunta de Galicia o pasado agosto de 2021, tanto para vehículos lixeiros como para vehículos pesados. O acordo contempla tres tipos de descontos: para familias numerosas, para condutores frecuentes e para horario nocturno. Os usuarios que desexen beneficiarse dos mesmos deberán dispoñer dun sistema de peaxe electrónico, ter o dispositivo Vía-T correctamente colocado e que se corresponda coa matrícula do vehículo. Este último requisito aplícase no caso do desconto por familia numerosa. Consulta aquí os descontos de Autoestradas de Galicia.
O tráfico da AG-55 rexistrou 12.989 vehículos diarios de media en 2021, un 34,9% máis que en 2020 e un -0,7% das cifras rexistradas en 2019. A AG-57 alcanzou os 7.951 vehículos diarios de media, 23,7 % superior ao de 2020 e un 1,6% inferior ao de 2019.
Consulte aquí as tarifas 2022 de Autoestradas de Galicia